25 de outubro de 2012

Aforismos de Leonardo

80.- O pracer e a dor poden representarse aparellados, porque xamais están separados un do outro: voltos de costas, porque son contrarios un ao outro, e colocados sobre un mesmo corpo, pois teñen o mesmo fundamento, desde que o pracer está no esforzo contra o desagrado, e este último áchase no fondo de todos os praceres. E figurámolo cunha cana na man, símbolo da vaidade sen forza, pero con picadas que son, no entanto, venenosas. Empréganse as canas na Toscana para soporte dos leitos, significando que eles son o teatro de vas ilusións, que neles se consome gran parte da vida e pérdese moito tempo útil, especialmente na mañá, cando a mente está sobria e repousada, e o corpo apto para novas fatigas; e alí, en fin, entregámonos a moitos vans praceres, xa coa mente, imaxinando cousas imposibles, ou gozando co corpo de praceres que diminúen a vitalidade. É por estes motivos polos que a cana se emprega a tales fins. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.