Na posguerra, don Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita.
Agora é presidente da Xuntanza Cidadá e de Outras Sociedades. A parenta botou abrigo de chinchilla e petitgris. Fixeron casa nova e teñen outro automóbil. Aínda podían ter máis.
Vouvos referir a vida de don Celidonio e do seu sogro e principal Baldomero García, aquel que lles berraba ós seus mancebos: "¡Cando na miña casa entra unha peseta, para que volva a saír, compre facer un expediente!"
Tal día coma hoxe en 1884 nacía Vicente Risco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.