24 de outubro de 2012

Magallanes

  Publicada en 1938 polo prolífíco escritor austíaco Stefan Zweig.

   Máis que unha biografía trátase da historia relativa á expedición do portugués Fernando de Magallanes trala búsqueda dun paso de auga a través de Sudámerica que o levase ó Pacífico e dende él ás preciadas illas das especias. Búsqueda fructuosa  que daría pe ó mesmo tempo á primeira volta ó mundo finalizada polo español Juan Sebastián Elcano en 1522.

    A pesar de ser Magallanes portugués, a expedición ten selo español. As súas desavinzas co rei portugués Manuel I permitiron ó xoven rei español Carlos I que se anotase un tanto na historia con esta arriscada aposta.

   Douscentos sesenta e cinco homes partiron de Sevilla a bordo de cinco naves en 1519. Tan só dezaoito (entre os cales non se atopa Magallanes) chegarían  na nave Victoria  tres anos máis tarde, capitaneada polo vasco Elcano.

   Todos os penosos detalles da odisea nese trienio teñen a fortuna de pasares pola afamada man de Stefan Zweig, que ó narrativizar as xa nobres fazañas deses esforzados navegantes, lles confire unha dobre garantía de perduramento no tempo.

F.D.M.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.