13 de novembro de 2012

Inicio de PÍDESELLE UNHA LAUREADA de Eliseo Alonso

Lourenzo de Cela levaba xa longo tempo sentado nunhas toradas de piñeiro, á porta da súa casa, sen que, cousa rara, lle importase ren o trebón que se aveciñaba e que quizáis lle botase a perder as sementeiras. Pasou un carreteiro aguilloando con presa os bois. Logo pasou un rapaz en bicicleta e, derradeiramente, as galiñas liscaron a cobixarse para debaixo dos buxos, cando xa caían as primeiras pingólas espatoladas coma cagadelas de paxaros.
—¡Lourenzo! Entra para a casa que te vas mollar, home, —chamábao agarimosamente a súa muller.
Lourenzo de Cela entra de vagar, canso, sen ter en conta as pingueiras a caer cada vez máis de seguido sobre a súa chaqueta case que ateigada de circos pretos das pingotas. Xa dentro, Delaida, a súa muller, trata de entretelo falándolle da nova colleita abondosa, no lucida que está a touriña e na chuvia abenzoada para os millos.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.