20 de decembro de 2012

INFORME ASEPTICO SOBRE OS OVNIS EN XERAL E O CASO ROSWELL


Carl Sagan morreu un 20 de nadal de 1996.

Este é o inicio dun breve texto sobre Roswell

Confíe nunha testemuña en todo
aquilo no que non estea fortemente
involucrado nin o seu propio interese, nin as súas
paixóns, nin os seus prexuízos, 
nin o seu amor polo marabilloso.
Se o están, esixa unha proba que o corrobore en proporción exacta á contravención da probabilidade
pola cousa testemuñada.

THOMAS HENRY HUXLEY
(1825-1895)

Cando se informou á nai do soado abducido Travis Walton de que un ovni fulminara ao seu fillo cun raio e logo levoullo ao espazo, contestou con pouca curiosidade: -Bo, así é como ocorren as cousas?. Non é así?.

Aceptar que nos nosos ceos hai ovnis non é comprometerse a moito: a palabra ovni son as siglas de obxecto voador non identificado. É un termo que inclúe algo máis que prato volante. Que haxa cousas que o observador ordinario, ou mesmo o experto, non entende, é inevitable. Pero por que, se vemos algo que non recoñecemos, chegamos á conclusión de que é unha nave das estrelas?. Preséntasenos unha gran variedade de posibilidades máis prosaicas.

Unha vez eliminados da serie de datos os fenómenos naturais, os enganos e as aberracións psicolóxicas, queda algún residuo de casos moi cribles pero extremadamente raros, sobre todo casos sustentados por probas físicas? Hai unha "sinal" oculta en todo este alboroto? Desde o meu punto de vista, non se detectou ningunha. Hai casos dos que se informa con fiabilidade que non son raros, e casos raros que non son fiables. Non hai ningún caso -a pesar de máis dun millón de denuncias de ovnis desde 1947- en que a declaración de algo estraño que só pode ser unha aeronave espacial sexa tan fidedigna que permita excluír con seguridade unha mala interpretación, terxiversación ou alucinación. Aínda hai unha parte de min que di: "Que mágoa".

(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.