3 de decembro de 2012

Inicio de "Un socio" Joseph Conrad


Un 3 de decembro de 1857 naceu Joseph Conrad

E que cousa máis idiota! Anos e anos pasan os mariñeiros de aquí, Westport, relatando a mesma mentira aos turistas, esa xente que se fai pasear en barca por un schelling por barba e preguntan puras bobadas. Para pasar o rato hai que contarlles algo! Coñece vostede algo máis imbécil que facerse pasear nunha embarcación ao longo da praia? É como tomar un refresco sen ter sede. Non me explico que gusto atopan niso. Nin sequera maréanse. 

Un vaso de cervexa, esquecido, estaba sobre a mesa, xunto ao cóbado do bebedor. Isto ocorría na pequena sala de fumar dun pequeno e respectable hotel. A miña dedicación ás amizades improvisadas explicaba o motivo da miña estancia naquel lugar e tal compañía a aquelas horas. O home que falaba posuía unhas enormes, esmagadas e engurradas fazulas, afeitadas con sumo coidado e un guecho espeso de pelos brancos cortados en cadro colgaba do seu queixo; o seu abalo acentuaba a súa voz opaca. O desprezo profundo que sentía pola especie humana, polas súas actividades e moralidades, era expresado pola colocación caballeresca do seu chapeu brando de feltro negro e anchas ás, que non se quitaba nunca. O seu aspecto era o dun vello aventureiro, dedicado á súa vida privada, logo de protagonizar innumerables aventuras nos máis escuros recunchos do planeta, e non precisamente en cheiro de santidade. Con todo, eu tiña as miñas deducións para pensar que nunca saíra de Inglaterra. Por unha observación fortuíta, feita por alguén, puiden adiviñar que noutro tempo tivo relación con algo referente aos barcos; pero cos barcos nos peiraos. Gozaba dunha personalidade contundente. Foi o primeiro que me chamou a atención nel. Pero non era empresa fácil xulgalo e, antes de que transcorrese unha semana do noso coñecemento, renunciei á súa clasificación e conformeime con esta definición pouco clara: "un rufián impoñente e vello".

(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.