13 de febreiro de 2013

A lei da rúa

Susan E. Hinton naceu en Tulsa, Oklahoma, en 1948, e é coñecida por seres a autora de varios libros onde noveliza a conflictiva vida xuvenil dos anos 70.

Varios deses libros chegaron á pantalla, "Rebeldes" e "A lei da rúa", ámbalas dúas a través de Francis Ford Coppola; "Tex", de Tim Hunter; e "Iso era entonces, ...isto é agora", de Christopher Cain.

En canto a "A lei da rúa", que saiu á luz en 1975, Rusty James, un xoven moi malote e medio quinqui fai das súas andadas polo barrio, pelexando polos seus dominios en nome da sua cuadrilla de mangantes.

Este rapaz ten un irmán maior, antigo líder e rei dos carreiros, que nembargantes renega desa vida e agora aspira a unha máis contemplativa e pacífica.

O pai de ambos, que anda sempre caneco, non fai moito por interceder na vida de ningún dos seus fillos, pasando o día na baiuca e a noite durmindo, ou viceversa.

Con estes elementos, a autora, neste que ven sendo o seu libro máis curto, zurce unha red máxica de experiencias con poderosas fiadas, que remendan a idea que poideramos ter sobre os problemas dos rapaces, á vez que confecciona un vestido tan duradeiro coma invisible pois non nolo poderemos quitar aínda que moito nos esforcemos por elo, tal é o regusto que deixa no corpo, ó mesmo tempo de amargura e esperanza.

Afanámosnos por ir a algún sitio, da igual a onde, e non pronto nos decatamos de que fariamos ven en  poñer primeiro os pés no chan.

F.D.M.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.