15 de febreiro de 2013

COMO OCORREU? por Isaac Asimov


Publicado en 1979, na Revista Asimov's Science Fiction Adventure Magazine

O meu irmán empezou a ditar co seu mellor estilo oratorio, ese que fai que as tribos queden aleladas ante as súas palabras.

- No principio -dixo-, exactamente fai quince mil douscentos millóns de anos, houbo unha gran explosión, e o universo...

Pero eu deixara de escribir.

- Fai quince mil douscentos millóns de anos? -preguntei, incrédulo.

- Exactamente -dixo-. Estou inspirado.

- Non poño en dúbida a túa inspiración -asegurei. (Era mellor que non o fixese. El é tres anos mais mozo ca min, pero xamais tentei pór en dúbida a súa inspiración. Ninguén mais faino tampouco, ou doutro xeito as cousas ponse feas.)- Pero, vas contar a historia da Creación ao longo dun período de mais de quince mil millóns de anos?

- Teño que facelo. Ese é o tempo que levo. Téñoo todo aquí dentro -dixo, palmeándose a fronte-, e procede da mais alta autoridade.

Para entón eu deixara o estilo sobre a mesa.

- Sabes cal é o prezo do papiro? -dixen.

- Que?

(Poida que este inspirado, pero notei con frecuencia que a súa inspiración non inclúe asuntos tan sórdidos como o prezo do papiro.)

- Supoñamos que describes un millón de anos de acontecementos en cada rolo de papiro. Iso
significa que vas ter que encher quince mil rolos. Terás que falar moito para enchelos, e sabes que empezas a tartamudear aos poucos. Eu terei que escribir o bastante como para enchelos, e os dedos acabaránseme caendo. Ademais, aínda que poidamos mercar todo ese papiro, e ti teñas a voz e a forza suficientes... Quen vai copialo? Habemos de ter garantidos un centenar de exemplares antes de poder publicalo, e nesas condicións, como imos obter dereitos de autor?

O meu irmán penso durante un intre. Logo dixo:

- Crees que deberiamos acurtalo un pocoo?

- Moito -puntualicei, se esperas chegar ao gran publico.

- Que che parecen cen anos?

- Que che parecen seis días?

- Non podes comprimir a Creación en sollo seis días -dixo, arrepiado.

- Ese é todo o papiro de que dispoño -asegureille-. Ben, que dis?

- Oh, esta ben -concedeu, e empezou a ditar de novo-. No principio... De verdade han de ser só seis días, Aaron?

- Seis días, Moisés -dixen firmemente.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.