20 de febreiro de 2013

Príncipe e mendigo

  Libro infantil publicado en 1881 polo misurense Mark Twain, máis coñecido polas súas novelas  "As aventuras de Tom Sawyer" escrita en 1876, e "As aventuras de Huckleberry Finn", en 1884.

   Ambientada en Londres a mediados do século XVI, nel nárranse as aventuras de dous rapaces que se intercambian as súas roupas coma un xogo. Finalmente éste dura máis do previsto para desgracia do príncipe e alegría do mendigo, pois son confundidos debido ó seu enorme parecido.

   Un deberá ocultar ben a súa anterior identidade, mentres que outro deberá ir con ela por diante para tratares de recuperala.

   As aventuras e desventuras de cada un deles irán dando forma ós 33 capítulos, nos que, saltando continuamente dunha personaxe a outra, intensifícase a percepción das inxustas desigualdades reinantes en toda época e sociedade, tanto máis visible naquela que encabezaba o sanguinario rei Enrique VIII, sendo o seu fillo o príncipe Eduardo VI.

F.D.M.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.