3 de abril de 2013

Comportamento íntimo

   Terceiro libro do zoólogo inglés Desmond John Morris, publicado en 1975. Sendo os dous anteriores "O mono espido" e  "O zoo humano", libro comentado aquí o ano pasado.

   Coma é característico no autor, estudia os hábitos do ser humano friamente coma se estivera considerando a un animal. Non obstante esta distancia son inevitables as sensacións de sorpresa e pudor na identificación con eses animais.

   Neste caso Desmond decántase por analizar o trasfondo de todos os nosos actos que teñen que ver coa intimidade, e son moitos, xa que na maioría existe unha conexión coa intimidade que a priori non viamos. Algunhas desas accións exemplificadas no libro, tanto físicas como mentais, son o por qué dos beixos, das apertas de man ou das apreixas. O significado dos petos, dos brazos cruzados, ou dos cortes de cabelo. A razón de que vaiamos o salón de masaxes, o médico ou ó perruqueiro. Por qué os nenos pegan ós pais, por qué fumamos, e se pipa ou puro; quén prefire as peitugonas e quen non, por qué lemos ou vemos a tele, preferiblemente nun confortable sillón, por qué a pesar da inherente necesidade de contacto físico do humano adulto (á do humano infante está satisfeita na figura dos pais) pedimos desculpas cando tropezamos entre nós.

   Podedes imaxinar que xa sabedes a resposta, e quizá os máis sagaces esteades preto, digamos que algo sospeitábades. Pois ben, así confirmaredes as vosas hipótesis. Sen embargo opino que na maioría dos casos un nin se imaxinaba que había unha pregunta.


F.D.M.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.