19 de abril de 2013

Fragmento de "Cara a Times Square" de Camilo Gonsar.

Os tolos gozan hoxe de boa prensa; son publicamente admirados case como homes que chegaron a un estado superior, desde o que poden ver ata onde a vista dos cordos non alcanza, e tamén son publicamente compadecidos como víctimas inocentes da crueldade da nosa organización social. Eu non nego nada disto; o que si nego é que, en xeral, as historias feitas ou protagonizadas por tolos me gusten, porque nada teño que ver, nin tan sequera como amateur, coa cura ou a investigación da loucura, nin, a verdade sexa dita, me inspiran os tolos ningunha simpatía especial.
Certo que hai outros tolos, como D. Quixote ou o capitán Ahab, xustamente elevados á categoría de símbolos permanentes da humanidade; pero eran falsos tolos, ou eran tolos só segundo a opinión de xentes ou de mentes vulgares.
Total, o que lle quero dicir é que a historia que lle vou contar nada ten que ver co mundo da loucura. Noutro caso, non se me tería ocorrido sometela á súa consideración.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.