26 de abril de 2013

Fragmento de "Fábula" de Xavier Alcalá.

¡Cregos! Odiábaos, odiaba a súa industria inútil, montada sobre unha mentira. Deus non existía, non podía haber un Deus que deixase un pobre no abandono por culpa dun couce de besta (o sangue, o óso branco a saír da pel, a dor infinita, suor polo pescozo abaixo, "fractura aberta de tibia", gangrena...). Non había Deus. Os cregos eran uns parasitos. E uns malvados, que axudaran os da camisa azul e metían o Monifate baixo palio nas igrexas; e quedáranlle tan agradecidos á Súa Excelencia que, cando morreu, o párroco da Milagrosa dixo no funeral que nunca home tan bo se vira, que era un pai para todos, que por todos miraba —e se tiña que castigar facíao con dó polo castigado.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.