12 de abril de 2013

Fragmento de "O sol na crista do galo" de Manuel Lueiro Rei.

FIESTRA
Cada home ten unha vida. Cada vida ten unha xeitura. Mais a vida non se fai soia. Cada un fai a súa, como lle cadra e como pode. E tamén como quer. Quero dicer: dono da súa. Despois, a realidade vaille decindo como il é, como il foi, sempre en percura da morte por calisquer carreiro. Aínda que non queira.
Mais ¿que é a morte...?
Soio é un anaco de tempo que nos agarda.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.