10 de abril de 2013

Viaxe a ningunha parte

   Novela publicada no ano 1985 por Fernando Fernán Gómez.
 
   Ambientada na métade do século XX, relata as aventuras dunha familia de cómicos teatrais de pouca monta, moi unidos, que tratan de sobrevivires por medio de representacións en bares e relanzos de pequenos pobos da comunidade de Madrid.

   Non son malos actores, e foron aguantando dignamente ata que o intruso cine chegou ás plazas conseguindo atraer mellor a atención dos veciños. Os cartos escasean, pasan fame e xa non dormen nesa pousada na que tantos meses de atraso deben.

   A única solución para eles é chegar ós verdadeiros teatros de Madrid, ós teatros dos ricos, ese que nunca morrerá; iso, ou pasarse a actor extra nesas películas que tanto odian pero que tan necesitadas están de man de obra.
 
   Ambas cousas moi difíciles de afrontar, a compañía teatral desfaise e con ela a familia, buscando cada un un camiño diferente, fóra do teatro. So algúns deciden quedarse e probar no cine, cousa que lles acabará traendo éxito, mais á forza de desunir por completo esas vidas que compartiran amor, penas e risas durante tantos anos.

   A novela inclúese na selección das 100 mellores novelas en español do século XX do periódico "El mundo", e foi levada ó cine ó ano seguinte coa obtención de tres premios Goya, na que sería a súa primeira edición. Dirixiuna e protagonizouna ó mesmo autor.


F.D.M.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.