12 de maio de 2013

Fragmento de As Crónicas do Sochantre, de Alvaro Cunqueiro

IV
Sin pensalo veu lusco e fusco axiña. O finado de Quelven adormiñou e madame de Saint-Vaast botoulle por derriba unha manta. O sochantre tiña algo de fame e sede; pasaron a trote largo por dediante da taberna de Clouzemel, que tiña o ramo posto, anunciando a sidra nova; tamén sí tiña o ramo o mesón de Les Pieux, tan celebrado nas cantigas dos cazadores. Sentábaste á mesa de pedra e viña unha das fillas máis novas do hospede, e dunha xerra colorada botábache o ouro fervente da sidra no vaso; vrau e invernó andaban cos brancos brazos ao áer, arremangadas as mangas das brusas de liño. A boca facíaselle auga ao sochantre. Deixaron pouco máis ala de Les Pieux o camiño real, i el a carroza debía correr agora polo campo aberto. Xente de pouca conversa, aquela compaña de morios calaba hora tras hora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.