Texto de Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938.
15 de setembro
Meu querido tío:
De acordo coas súas instruccións, dispóñome a polo ao corrente das particularidades da miña chegada a este termo municipal de Nigueiroá e, máis exactamente, ao vilar de Lobosandaus, onde radica tanto a capitalidade do Concello canto a escola unitaria á que accedín en propiedade grazas á paternal protección e munificencia de Vde.
Sito na caeira da chamada Serra Grande, Lobosandaus élle un núcleo de poboación de cen veciños que me produciu unha forte impresión. Silencioso, o sol oblícuo deste remate de verao dálle un carácter mediterráneo, seco, lúcido. O seu campo da feira é unha devesa de carballos varias veces centenarios: aséntase sobre un socalco e faille contorno unha grade de fundición con dous floróns fabricados por Malingre, imitantes dos da Alameda de Ourense.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.