17 de setembro de 2013

Ciorán

-Que fai vostede todo o día? 
 -Sopórtome. Do inconveniente de ter nacido.            

Pasaron os anos e o seu pesimismo lonxevo segue alí, á vista de todos. O filósofo da lucidez que morreu na máis absoluta das demencias senís. Oh!, paradoxo fatal. O Cioran tráxico e corrosivo que sempre desdeñou a vida... morreu de vello! Maldición digna de aforismo. O pensador carcomido polo seu propio pensamento, o memorioso adolescente perpetuo vencido polo Alzheimer. Broma amarga da vida.

"O que sei ao sesenta anos, xa o sabía aos vinte. Corenta anos dun longo, superfluo traballo de comprobación."

E. M. Cioran foi unha das mentes máis agudas do século XX, un dos escritores máis incisivos e provocadores que Europa tivo. Mediante os seus libros, cartas e ideas articuladas en diversas entrevistas, Cioran -o eterno inconforme- falou do home e das súas mentiras ancestrais, razoou sobre a necesidade de aceptar a demolición dos axiomas da humanidade, e disparou contra todas as convencións sociais. Familia, deus, filosofía, relixión, amor, sexo. Nada nin ninguén escapou ao seu verbo punzante e perturbador. 

"Necesidade física do deshonor. Gustaría ser fillo de verdugo.".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.