27 de setembro de 2013

Inicio de E ASI SUCESIVAMENTE

James Tiptree Jr.

Nun recuncho do salón de pasaxeiros o neno lograra activar unha pantalla de vídeo.
- Rovy! Dixeron que non xogases coa pantalla durante o Salto. Xa sabes que alí non hai nada, son só luceciñas, querido... Agora, volve xogar.
Mentres a nova matrona-de-clan conducíao de volta aos capullos algo ocorreu. Foi unha sacudida moi leve, apenas o suficiente para chamar a atención dos pasaxeiros somnolientos. Inmediatamente falou unha voz serena, acompañada polo murmurio da tradución múltiple.
- Fala o capitán. A descontinuidade momentánea que acabamos de experimentar é totalmente normal nesta modalidade do paraespacio. Teremos unha ou dúas máis antes de chegar ao complexo de Orión, onde estaremos nun par de unidades de tempo de a bordo.
Ese episodio miúdo estimulou a charla.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.