1 de outubro de 2013

Fragmento de "O Porco de Pe" de Vicente Risco (II)

En Madrid oíu falar moito don Celidonio dunha cousa, que esa si que era arrepiante: os sindicalistas.
Eran uns obreiros que había en Barcelona que andaban polas rúas armados con pistolas automáticas, atrás dos ricos, dos fabricantes e negociantes. Onde vían un, tirábanlle unha man de tiros e deixábano seco. Mataban neles coma en coellos. Aparecerán tamén en Zaragoza e en Valencia.


Don Celidonio colleu tanto medo que non se atrevía nin a falar deles. Escoitaba calado, xeado de espanto, coas bágoas para lle saír dos ollos, o que os señores referían no café, falando das novas que traían os xornais.

Tal día coma hoxe en 1884 nacía Vicente Risco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.