12 de febreiro de 2014

¿Sabes de onde é este fragmento?

E nese instante volveu á realidade: o corredor escuro fronte ao pavillón de comúns; as escasas lanternas coa súa tenue luz, o enxame de tolos -pampos, os ollos redondos, petrificados no seu frenesí- que estaban pegados ao chan, coma se nunca máis fosen moverse nas súas vidas; os gardiáns, tendidos no chan onde os deixou fóra de combate co seu neuroinxector. 
Todo estaba alí. Pero non tiña sentido. A escena parecía unha imaxe de 3D descomposta, coma se desconectarase a banda de son explicativa. Os recordos volvían lenta e penosamente. Parecía coma se transcorresen horas, quizá días. Era unha sensación intolerable. 
Houbo algo parecido a un chasquido. Como unha rama seca. Soamente un minuto. O reconto non tardara máis. Todo estaba igual.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.