15 de abril de 2014

Veladas Indecentes

Fragmento de Veladas Indecentes, de Manuel María Lourenzo Lourenzo, nado en Ferreira do Valadouro o 15 de abril de 1943.

Harker: Aqui hai un erro. Mina. Pode que sexa un erro ou unha imprecisión, non sei. Lembrar resulta tan difícil. Sen embargo, os horários son a miña especialidade.
MlNA: De que se trata?
Harker: Chego a Viena ás 6,46 ou ás 7,46? Na folla de horários figura a primeira cifra, mais aquel tren, estou seguro, levava unha hora de retraso: apontei esa particularidade no meu Diário.
MlNA: A que hora saíras de Múnic?
HARKER: Ás 20,30.
MlNA: Logo, se o tren levava unha hora de retraso...
HARKER: Tiven de chegar a Viena ás 7,45. Grácias; Mina.
MlNA: E depois de Viena, Budapest. Disque é unha cidade maravillosa.
HARKER: Non vin moito. En realidade, non sain da estación. Temia perder o tren seguinte, devido ao retraso do anterior. Por sorte, esta vez foi pontual e chegamos a Klausenburg depois da anoitecida. 
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.