5 de maio de 2014

Fragmento de O Capitán Lobo Negro, de Xesús Manuel Valcárcel,

As farolas acendéronse antes de baixar a noite. A súa luz maxenta mesturouse co solpor nunha sensación de estrañeza, de distancia, na que a conciencia vagaba entre os brillos de charol e de lata, os camións e as luces dos escaparates rodeadas por estreliñas diminutas de choiva.
Despois de visitar varios monumentos, sempre debaixo da carpa de auga, paramos nun bar perdido da zona vella, onde a coñecían. Por dentro de min, ó longo da tarde, foran furando parellas unha arroutada alegría e unha infinita tristura.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.