25 de maio de 2014

Texto dos Anxos e dos Mortos, de Anxo Rey Ballesteros

Collín medo. Posuíame un horrible sentimento de soidade. Víame como abandonada, perdida na noite, naquel porto galego onde xamais estivera eu antes. E sen razón ningunha para me eu achar alí. Aquilo empezábame a parecer absurdo. Non sabía qué facer. Sentíame allea, non sei se comprendes, eu era unha figura por forza estraña no medio daquelas xentes descoñecidas para min, cun mundo que non tiña nada que ver co meu e cunha vida que tiña que ser tan diferente...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.