7 de xuño de 2014

2ª Parte de 20.000 leguas de viaxe baixo os mares (LXIV)

16. Sen aire 

Así, pois, un impenetrable muro de xeo rodeaba ao Nautilus por encima e por baixo. Eramos prisioneiros da gran banca de xeo. O canadense expresou o seu furor asestando unha formidable puñada a unha mesa. Conseil estaba silencioso. Eu mirei ao capitán. O seu rostro recobrara o seu habitual impasibilidade. Estaba cruzado de brazos e reflexionaba. O Nautilus non se movía. O capitán falou entón:
-Señores -dixo cunha voz tranquila-, nas condicións en que estamos hai dúas maneiras de morrer.
O inexplicable personaxe tiña o aire dun profesor de matemáticas explicando unha lección aos seus alumnos. -A primeira -proseguiu- é a de morrer esmagados. A segunda, a de morrer asfixiados. Non falo da posibilidade de morrer de fame, porque as provisións do Nautilus durarán con toda seguridade máis que nós. Preocupémonos, pois, das posibilidades de esmagamento e de asfixia.
-Non creo sexa de temer a morte por asfixia, capitán -dixen-, pois os nosos depósitos están cheos.
-Si, é certo -replicou o capitán Nemo-, pero non poden fornecernos aire máis que para dous días. Fai xa trinta e seis horas que estamos en inmersión, e a atmosfera rarificada do Nautilus esixe xa renovación. As nosas reservas quedarían esgotadas dentro de corenta e oito horas.
-Pois ben, capitán, temos corenta e oito horas para liberarnos.
-Polo menos, tentarémolo. Trataremos de perforar a muralla que nos rodea.
-Por que parte?
-Iso é o que nos dirá a sonda. Vou varar ao Nautilus sobre o banco inferior, e os meus homes, revestidos cas súas escafandras, atacarán ao iceberg pola súa parede menos espesa.
-Pódese abrir os paneis do salón?
-Non hai inconvinte, posto que estamos inmóbiles.
O capitán Nemo saíu. Pronto, os asubíos que se fixeron ouvir indicáronme que a auga se introducía nos depósitos. O Nautilus afundiuse lentamente ata que topou co fondo de xeo a unha profundidade de trescentos cincuenta metros.
-Amigos meus -dixen-, a situación é grave, pero conto co voso valor e a vosa enerxía.
O canadense respondeume así:
-Señor, non é este o momento de atafegarlle con recriminacións. Estou disposto a facer o que sexa pola salvación común.
-Moi ben, Ned -díxenlle, tendéndolle a man.
-E engadirei -proseguiu- que son tan hábil manexando o pico como o arpón. Así que se podo serlle de utilidade ao capitán estou á súa disposición.
-Non rexeitará a súa axuda, Ned. Imos.
Conducín ao canadense ao camarote en que os homes da tripulación estaban a se pór as escafandras. Comuniquei ao capitán a proposición de Ned, que foi inmediatamente aceptada. O canadense endosouse o seu traxe mariño e pronto estivo tan disposto como os seus compañeiros de traballo. Cada un deles levaba ás costas o aparello Rouquayrol coa reserva de aire extraída dos depósitos. Extracción considerable, pero necesaria. As lámpadas Ruhmkorff eran inútiles no medio daquelas augas luminosas e saturadas de raios eléctricos. Cando Ned estivo vestido, regresei ao salón, onde os cristais continuaban descubertos e, xunto a Conseil, examinei as capas de xeo que soportaban ao Nautilus. Algúns instantes máis tarde vimos unha ducia de homes da tripulación tomar pé no banco de xeo, e entre eles a Ned Land, reconocible pola súa alta estatura. O capitán Nemo estaba con eles. Antes de proceder á perforación das murallas, o capitán fixo practicar sondaxes para pescudar en que sentido debía emprenderse o traballo. Afundíronse longas sondas nas paredes laterais, pero ao quince metros de penetración aínda as detiña a espesa muralla. Inútil era atacar a superficie superior, posto que nela topabamos coa banca mesma que medía máis de catrocentos metros de altura. O capitán Nemo procedeu entón a sondar a superficie inferior. Por aí separábannos da auga dez metros de xeo. Tal era o espesor do ice-field. A partir dese dato, tratábase de cortar un anaco igual en superficie á liña de flotación do Nautilus. Había que arrincar, pois, un seis mil cincocentos metros cúbicos a fin de lograr unha abertura pola que poder descender até situarnos por baixo do campo de xeo. Púxose inmediatamente ao choio cun tesón infatigable. En lugar de escavar en torno ao Nautilus, o que procuraría dificultades suplementarias, o capitán Nemo fixo debuxar o gran foso a oito metros da liña de babor. Daquela os homes tradearon o trazo simultaneamente en varios puntos da súa circunferencia. Os picos atacaron vigorosamente a compacta materia e foron extraendo dela grosos bloques. Por un curioso e específico efecto da gravidade, os bloques así desprendidos, menos pesados que a auga, voaban, por así dicilo, cara á bóveda do túnel que cobraba por arriba o espesor que perdía por abaixo. Pero pouco importaba iso con tal que a parede inferior fose adelgazándose. Tras dúas horas dun traballo ímprobo, Ned Land regresou extenuado. Tanto el como os seus compañeiros foron substituídos por novos traballadores, aos que nos unimos Conseil e eu, baixo a dirección do segundo do Nautilus.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.