22 de xuño de 2014

Fragmento de Náufragos en Terra, de Xosé Manuel Martínez Oca.

Camiñaba pola beira do río aquela tarde de fins de primavera, cando prendeu a miña atención o reflexo do sol nas paredes escascadas dun caseirón que emerxía entre a vexetación da outra ribeira.
O rumor da auga a deslizarse entre os croios, ou as nubes lívidas da tormenta que se afastaba sen descargar, ou tal vez aquela luz solar, unha labazada dura e súbita contra a fachada da casa, producíronme unha impresión indefinible, coma se se erguese fronte a min unha presencia difusa, detida momentaneamente, en contención inestable, baixo o peso do silencio que caía das nubes, case físico, coma chumbo invisible.
Atraído pola sensación de irrealidade que emanaba daquela illa de ruínas no medio da fronda, ganei a volta ata a pontella que deixara ás miñas costas pouco antes e atravesei-na en busca do camiño que levaba alí.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.