1 de xuño de 2014

Inicio de Chitterton House

Chitterton House
Por August Derleth

Ningunha persoa acomodada de Winterton puxo xamais unha casa sen chamar a Philander Potts para que o fixese por ela. Philander Potts: decorador de interiores, era o cume da perfección; era o máis capacitado para xulgar en canto a combinación de cores, deseños de papel tapiz, acabados en madeira, e todas esas pequeneces que cativan ás mulleres; a súa era a última e definitiva palabra no relativo a cortinas e toda clase de decorados, desde o sinxelo e efectivo até o máis recargado e ostentoso, adecuado para aqueles felices mentecatos que imaxinan que a presenza de algo cegador é proba positiva do seu progreso no mundo material e intelectual. 
Philander Potts, nunha palabra, era posuidor dun gusto impecable e ningunha falsa modestia impedíalle admitilo como un feito. O seu era un éxito traballosamente conquistado. Iniciouse cunha pequena tenda, pero, sendo dotado dun descaro inacabable e carecendo de escrúpulos de especie algunha, fixera que os seus competidores crebasen, un a un, ata que, finalmente, quedou como único decorador de interiores con certa categoría na cidade. Chegou a ser un implacable ditador nos negocios e no fogar; os seus axudantes, a súa esposa e fillos bailaban ao son que lles tocaba, e, se el era feliz, eles non o eran, aínda que a felicidade dos demais non era o seu problema. 
Xa comentamos que a xente se sentía francamente orgullosa de ter unha casa "posta" por Potts, e, de entre todos, Potts era o máis orgulloso; certamente, nos seus momentos máis caprichosos, imaxinaba que toda a cidade de Winterton, tarde ou cedo, sería unha creación e unha recreación de Potts; soñaba no afastado día en que a xente falaría dunha "cidade de Potts".  Ah vaidade humana ! 
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.