9 de xullo de 2014

Fragmento de Expediente Artieda

Expediente Artieda foi escrito por Luis Rei Núñez, nado na Coruña en 1958.

As primeiras horas da mañá pásaas no laboratorio, revelando, ou facendo retratos de estudio se se achega algún cliente con peticións algo especiais, como todos os que queren fabricar chuvias de bágoas nos seus familiares de América. En cambio, se o cliente só pide unhas fotos de carné, ás veces podo atendelo eu mesma, como acabo de facer con Mungo Ures.
O presumido del, despois de deixar apoiada contra a parede a pértega que usa para acender os farois destas rúas, a mesma que á mañá emprega para apagalos, mirouse e remirouse un cento de veces diante do espello. Estáballe baixo e tiña que arrouzarse un pouco, pero non deixou de examinarse ata que puido disimular a calva engazando o pouco pelo que lle queda cunha destreza de varredor veterano.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.