6 de agosto de 2014

Fragmento de Criminal

Texto de Xurxo Borrazás Fariña, nado en Carballo o 6 de agosto do 1963, escritor galego.

O pote segue no lume, aínda que xa ceou toda a familia. Unha muller frega os pratos no vertedeiro. Un home, o seu marido, afía uns fouciños na pedra. Unha nena, sentada á mesa, debuxa na libreta unhas letras e números que lle aprenderon na escola. A carón do lume, sentado nun tallo, o avó acaba de liar un pito e préndeo coa brasa dunha póla de maceira. Logo olla para as lapas e as muxicas, sentindo como escacha a madeira ao arder; e fuma, encollendo as enrugas da face cada vez que dá unha calada.
   —Quen llo había dicir, aos Monteiro, que nunca ninguén lles tivo moi boa lei, e tiñan a igrexa chea —di a muller.
Ninguén lle responde. Só a nena ergue a cabeza e mira para súa nai, que segue de costas a eles, un chisco. Dous ou tres minutos despois o vello guinda a pava no lume e comenta:
—A xente ten ganas de contos. Van aos enterros coma quen vai de foliada.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.