29 de decembro de 2014

Fragmento de Grupo Abeliano

Fragmento de Grupo Abeliano, de Xosé Cid Cabido, nado en Xunqueira de Ambía o 29 de decembro de 1959

Solicitamos audiencia co gobernador e concedéunola, non iamos armados, así que foi moi fácil superar os controis de seguridade que había no vestíbulo e na primeira planta e mesmo na porta do seu despacho, que era unha ampla estancia co teito moi alto, catro metros como mínimo calculeille eu. Había madeiras antigas, escuras e algo descoidadas, tanto nas portas como nas mesas e nos mobles restantes advertíanse ben os coágulos de verniz renegrido.
Sentámonos diante do escritorio, rodeando o seu ángulo de visión nun semicírculo de radio variable; detrás da porta había alguén armado, iso sabiámolo. Quizais recoñeceu a un de nós, que é o que se di un rapaz de boas familias, tamén contabamos con iso como tarxeta de presentación. O gobernador era un tipo que andaría rozando a cincuentena, de todas formas rozábaa con moita delicadeza e notábase que aínda disfrutaba plenamente das vantaxes do seu cargo e do prestixio e preeminencia social que o acompañan.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.