10 de decembro de 2014

Fragmento de O Capitán Lobo Negro, de Xesús Manuel Valcárcel,

Cando el descubriu que escribía coa man esquerda alporizouse todo, como se tivese acontecido unha desgracia. Mirábame arrepiado, cun reproche fondísimo na luz de aceiro dos seus ollos de aceiro. Era coma se eu lle tivese feito un dano irreparable. Non me é, nin agora, doado describir o que eu sentía. E1 daba voltas pola casa, vermello de ira, botando as mans á cabeza, maldicindo e lamentándose. Non o facía por ignorancia, que así sería desculpable, senón por me ferir e dobregarme. Estas son cousas que un neno comprende de seguida.
Eu mirábao cos ollos cheos de bágoas, calada.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.