9 de decembro de 2014

Fragmento de Papaventos

Papaventos é unha obra de Francisco Xavier Vázquez Álvarez, coñecido como Xavier Queipo, nado en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1957.

Dous bloques máis adiante detívose outra volta. Esta vez para mercar tabaco e unhas candeas. Fumaba pouco, con mesura e sen compulsividade, sete ou oito cigarros ó día. Os que prestaban ou cando menos os que a el lle prestaban. O médico dixéralle que o que menos lle conviña era fumar, que o tabaco non faría senón acelerar o proceso dexenerativo que se instaurara na súa retina. ¡Que parvada! Os médicos din sempre o mesmo. É coma un mantra. Nin fumar nin beber. Tanto tiña quedar cego en seis meses coma en seis meses e unha semana. A condena estaba aí, implacable e terrible, sen retorno. Pagou coa tarxeta de crédito e volveu ó auto. ¡Que deixase de fumar! ¡Que parvada!
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.