2 de decembro de 2014

Fragmento de Prisciliano, de Daniel Cortezón

PRISCILIANO
Hai que axustizar en silencio, para que as boas xentes de orde non se alporicen...
VERDUGO
Non sei de quen falas.
PRISCILIANO
Despois, collerasme polo cabelo para ensinar ao mundo a xustiza feita. Entón non poderei falar, pois terei os labios brancos e a lingua enxoita... E os inimigos terán toda a razón que queiran..., pois terán toda a liberdade para a súa verdade.
VERDUGO
Eu non entendo destas cousas... E hai que rematar.
PRISCILIANO
¡Hai que rematar!... Quixera falar moito sobre da liberdade e sobre da xustiza ¿Coñeces algunha cousa xusta sobre da liberdade, Verdugo?
VERDUGO
Non sei. Chega a hora. Non é preciso saber máis.
PRISCILIANO
¡Ditoso ti!... ¡Supoño que así terá que ser a cega e ignorante pouta da lei!...

(...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.