26 de decembro de 2014

Fragmento de Quintana Viva, de Xosé Filgueira Valverde.

FESTAS
Todos os anos degoraba aquel día, todos os anos aquel día choraba. Polo vieiro do ano, choutaba de festa en festa a ledicia do meu peito novo aínda, e na festa grande, cando tiña de encomezar a choutar de novo, choraba sempre.
Diante min tiña todos os brinquedos, todas as langoñadas que pedira, e aínda así choraba, porque chegara a telas. Foron dous, tres, catro anos de chorar na ledicia con saudade; deste xeito chegou un ano en que non tiven xoguetes, e chorei na mágoa. Mais dígovos de certo, que nas miñas coitas tiña unha morna ledicia pola saudade dos tempos en que chorei sen ter por que chorar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.