31 de marzo de 2015

Epitafio

Lendo para a tese (!) atópome este delicioso epitafio dun romano do século II, auténtica lección de vida para uso dos vivos:

"Vivín mezquinamente durante toda a miña existencia, por iso aconséllovos que vivades máis placenteiramente que eu. A vida é así: chégase até aquí, e nin un paso máis. Amar, beber, ir aos baños, iso é a verdadeira vida: despois non hai nada máis. Eu, pola miña banda, non seguín nunca os consellos de ningún filósofo. Non vos fiedes dos médicos; eles son os que me mataron".

Polos mesmos camiños vai o moi vital "Saír" de Extremoduro:

"...Para algúns a vida é galopar un camiño empedrado de horas minutos e segundos. Eu máis humilde son e só quero que a onda que xorde do último suspiro dun segundo transpórteme mecido até o seguinte"

A ver se se me pega algo, que estou de planificar até os güitos.

DGM

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.