22 de maio de 2015

BABEL

Ánimo xente, acábase o Primeiro Acto electoral en apenas dous días.
Enterraremos por uns meses algúns eslógans (Nós ou o caos, A miña maioría é a que vale, a vosa non...) e cun poquitín de sorte cambiaremos algúns cromos gastados e sucios (Esperanza Aguirre, Rita Barberá...) por cromos igual de vellos pero que polo menos rezuman integridade (Manuela Carmena, Anxo Gabilondo, o meu Luís García Montero...) Só espero o necesario xiro ao social, alo comunitario, dunha cidadanía en serios apuros que non se salva co individualismo rampante que algúns pretenden impor como paradigma.
E a todos os candidatos, de calquera cor, dedícolles este himno ao entendemento, a tender pontes, que o pacifista Pedro Guerra escribiu un día:
"Contra a torre de Babel tendemos pontes,
lazos que convidan a entender.
Contra a torre de Babel nacemos mundos
feitos de mestura e de saber.
Contra a torre de Babel pechamos gabias
nas fronteiras do poder.
Contra a torre de Babel asombrámonos
e decidimos coñecer.
Abrazámonos, recibímonos,
atopámonos, definímonos.
Contra a torre de Babel sinais de fume,
unha botella e un papel.
(...)"

DGM

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.