16 de xullo de 2015

Aforismos de Leonardo

197.- A natureza satisfai o seu desexo e atopa pracer en crear continuamente vidas e formas, porque sabe que elas acrecentan o seu material terrestre, e ten máis vontade e présa por crear que o tempo 
por consumir; por iso dispuxo que moitos animais sexan alimento uns doutros; e cando iso non basta ao seu desexo, adoita enviar certos vapores venenosos e pestilencias sobre as grandes multitudes e congregacións de animais, e especialmente de homes, que se reproducen en gran escala; e evita dese modo que outros animais os devoren. 
Suprimida así a causa, desaparece o efecto. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.