28 de xullo de 2015

ATLAS DE XEOGRAFÍA MINI

ATLAS DE XEOGRAFÍA MINI

Os campamentos de verán están a influír moi positivamente nas miñas nenas. Recuperaron na súa xeografía imaxinaria e no seu léxico unha perla que criamos esquecida:

- Papá, onde está Corea do Surf?

Supoño que fantasearán cun país lonxano onde a xente de ollos rasgados leva roupas de neopreno, ten o pelo osixenado, come sushi acotío, ve Disney Channel e escoita, eu que sei... a Bruno Mars cantando Under the Sea.

Bendita inocencia...que será o seguinte... Alganistán?

DGM

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.