11 de setembro de 2015

Fragmento de Memorias dunha Terra, de Xosé María Castroviejo.

A VELLIÑA DA VENDIMA

Cando chegaba o tempo da vendima en Paizás, parecíame estrear un corazón novo. O limpar a adega e a fustalla eran os comezos. Logo o ceo participaba tamén na gran festa. Unhas nubes cor da borra do viño, dun morado case translúcido, estirábanse, altas, contra un fondo de nacre, coma escualos preguiceiros. O aire era ambariño, un suave vento de término de vacacións axitaba de vez en vez as árbores, e a abeleira antiga facía decer de vagariño todo o seu ouro. De vez en vez, tamén, caían as breves chaparradas de outono, que reflectían o aire e deixaban tras delas un embriagante e forte cheiro a terra mollada e ozono.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.