4 de setembro de 2015

Inicio de ULTIMO VOO A MARTE

ULTIMO VOO A MARTE
Fausto Cunha

- Están a ver e ouvindo a Hiox, A-11, directamente desde Campo Vhur, en Marte. A evacuación está a tocar ao seu fin. Algúns marcianos van quedar. Xa non queda ningún terrestre no planeta. Tras case un millón de anos, a historia repítese. Non había homes en Marte. Xa non hai máis homes en Marte.
«Este é Marte, o planeta amado. Marte, as súas montañas, os seus mares conxelados, os seus volcáns extintos, o seu vento infatigable. Imos realizar a nosa última reportaxe nesta segunda patria do home.
«Visitemos primeiro a algúns dos vellos marcianos que preferiron quedar. Segundo os científicos, dentro de moi pouco tempo Marte xa non poderá albergar ningunha forma de vida, excepto algún liquen, algún anaerobio. A permanencia de formas superiores será cada vez máis custosa, e finalmente imposible. Podemos mesmo dicir que nos últimos séculos, nos últimos milenios, contando a partir dos grandes dislocamentos de glaciares, Marte levaba unha existencia artificial. Falando con maior exactitude, os terrestres nunca puideron vivir aquí fóra das cidades-cúpulas. Para os propios marcianos, a chegada do home foi a redención dunha raza que ía fatalmente a desaparecer. Imos descender un pouco e a falar con ese vello habitante. Como se chama, por favor?
- Ghoz.
- Perfectamente, Ghoz. Por que decidiu quedar? Vostede xa sabe que esas cúpulas non resistirán moitos anos. Nin sequera os subterráneos resistirán moito tempo a presión do xeo.
- Sempre estraños eses marcianos. Milenios de contacto connosco, e continúan sendo case iguais que no período do Desembarco. Ghoz está a dicir que un vello soño dos seus antepasados era ver Marte como era antes da chegada dos homes. Non ten nada contra nós, e supón que as nosas equivocacións foron cometidas pola ansia de mostrarnos bos con eles. Agora que se presenta unha oportunidade de quedar novamente sós, aínda coa certeza dunha morte próxima, queren aproveitala. Di que millóns e
millóns de marcianos morreron e foron sepultados aquí. Cando o lenzo de xeo cubra o planeta e ningunha forma de vida perturbe xa a Paz Superior, entón os Zenghiis - os Altos Espíritos - baixarán para explicarlles aos que dormen baixo terra o seu destino. Ghoz estará entre eles. Moitas grazas, Ghoz. E Paz Superior aos nosos irmáns durmidos.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.