7 de setembro de 2015

PRACERES GASTRONÓMICOS INCONFESABLES

Comer a media mañá unha ou dúas galletas Digestive avena-choco e sentir como todos os intersticios das túas moas se empastan cun sutil festín de cereais, fibra, azucres e chocolates. Saber que aínda tes uns minutos para retelos aí antes de que as caries (e o dentista) esperten do seu letargo, antes de correr a lavar os dentes... ou comer unha terceira que barra e actualice os gozosos restos alimenticios.

Así son as mañanciñas laborais do verán.

PD: Outro día falaremos da inxesta compulsiva de cacahuetes e o chicle de despois.

DGM

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.