27 de outubro de 2015

Inicio de O ABISMO

O ABISMO
Robert A. Lowndes

Sacamos o corpo de Graf Norden envolvidos pola noite de novembro, baixo as estrelas que resplandecían cun brillo tan terrible que resultaba insoportable, e conducimos o auto toleados, frenéticamente, pola estrada que subía cara ao alto da montaña. O cadáver debía ser destruído por mor dos ollos que non querían pecharse, senón que parecían mirar fixamente algún obxecto situado detrás do observador; o cadáver que perdera todo o sangue sen que presentase a máis lixeira traza dunha ferida; o cadáver cuxa carne estaba cuberta de marcas luminosas, de arabescos que se desprazaban e cambiaban de forma ante os nosos ollos. Encaixamos o ríxido corpo que fora Graf Norden tras o volante, puxemos unha mecha no tanque de gasolina, acendémola e logo empuxamos o vehículo até o bordo do camiño, desde onde se precipitou en chamas cara á ruta principal: un meteorito flamíxero.
Non foi até o día seguinte que nos demos conta de que todos estiveramos baixo o poder hipnótico de Dureen... até eu esquecino. De non ser así, como puidésemos actuar tan aloucadamente? A partir do instante en que se acenderon as luces de novo, e vimos o que, un momento antes, fora Graf Norden, fomos como vagas, irreais figuras deambulando por un soño. Esquecémolo todo salvo as mudas ordes que nos foron impartidas mentres contemplabamos como o auto en lume estrelábase contra o asfalto inferior, mentres observabamos a súa destrución, e logo dirixiámonos con paso incerto cada cal á súa casa. Cando, ao día seguinte, recobramos parcialmente a memoria e buscamos a Dureen, este desaparecera. E, como sexa que apreciabamos a nosa liberdade, non contamos a ninguén o que sucedera, nin tratamos de pescudar cara a que ignotos dominios habíase esfumado Dureen. Só
desexabamos esquecer.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.