19 de abril de 2016

Fragmento de "Galván en Saor" de Darío Xohán Cabana

Texto de Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás, na Terra Chá, o 19 de abril de 1952.

O CASTELO DA LAMA
—Érguete, dóce amiga -dixo Galván—, que xa vén o día, e pódeme vir buscar o señor Vedromil e encontrarte aquí xunta min.
—Pouco me importa que veña e me encontre, dóce meu drudo, mais erguereime por ir contigo ó castelo da Lama, que non quero afastarme de ti.
—Non irás, dóce amiga, pola miña vida, que moito perigo pode haber nesta aventura. Aquí debes quedar, e non porfiar.
—Pouco me importa o perigo se vou canda ti; e se hai perigo na túa viaxe, contigo quero viaxar.
—Quedarás aquí, dóce amiga, pois non imos entrar no castelo pola forza, senón por astucia, se podemos, e véndote os gardiáns tan fermosa quizais te queiran ofender como xente incivil que serán, cal se ti foses soldadeira do seu pracer. Por iso has de quedar, e así cho prego, e onde non fagas caso do meu prego mandareicho polo meu amor. Mais agora ergámonos, que o sol xa se levanta e é longa a xornada.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.