15 de abril de 2016

Veladas Indecentes

Fragmento de Veladas Indecentes, de Manuel María Lourenzo Lourenzo, nado en Ferreira do Valadouro o 15 de abril de 1943.

REINALDO: Volve o libro ao seu sítio, Ema, ou pensará que nós tamén nos dedicamos a espiá-lo, pobre Ceferino.
EMA: "Philosophia Occulta". Sinto curiosidade por saber o que contén.
REINALDO: E expór-se a que outravolta che retiren o carnet de xornalista? Por que tentar a fortuna? Agora ia-nos bastante regular. O Director e, sempre foi, bastante amigo.
EMA: "Regular" e "bastante" non anulan a miña curiosidade fáctica, Reinaldo. Un xornalista, e nomeadamente se é muller, ten de valer-se de todos os meios para prosperar no seu traballo. E non creio que o noso Director chegue a inteirar-se, depois da festa de morfina que lle deron.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.