7 de xuño de 2016

Fragmento de "Cara a Times Square" de Camilo Gonsar.

Ela non insistiu, nin expresou tampouco a mínima curiosidade por coñecer as causas daquel rexeitamento.
Pouco despois alguén chamouna; así que, deixando o seu vaso de whisky case intacto, abandonounos cun xentil excuse me. A súa marcha colocábanos, pareceume, nunha situación incómoda. Certamente, nos non viñeramos a aquel night-club xusto para estar con ela; mais, coa súa ausen-cia, era como se quedaramos privados da nosa principal xustificación para seguir alí sentados.
Houbo un longo silencio.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.