5 de agosto de 2017

CAMIÑO

CAMIÑO
DE LUÍS VIGIL


-Á dereita, David, á dereita!

-Coidado agora, Ana! Afírma ben, non vaias saír despedida!

Diante do seu vehículo, unha densa fumareda negra marcaba o lugar onde outro que lles precedía
non puidera manterse na ruta e estrelárase contra a parede. Unha man crispada, sanguinolenta, erguíase entre a chea de chatarra.

Outro vehículo, zigzagueando, excedeulles a unha velocidade incrible. Viron o rostro do seu condutor, unha máscara do máis abxecto terror, mentres trataba de facerse coa dirección sen
conseguilo. Perdeuse de vista na seguinte curva e, pouco despois, un tremendo estalido indicou que non puidera franquearla.

Dando unha salvaxe volta ao volante, David logrou evitar os novos cascallos que se escondían
traicioneramente á saída da curva de velocidade reducida e que aínda lanzaban tremendas labaradas. As rodas patinaron no aceite derramado na ruta e o fume apenas permitía ver o que había diante. Por un momento David creuse perdido.

Un chirrido fíxolle ver que a súa salvación fora cousa de milímetros, ou menos, talvez, pois o
costado do coche rozara contra a parede que bordeaba a curva.

-Ánimo, Ana! -gritou David para facerse ouvir por encima do ruxido do motor-, isto xa se acaba!.

Un tremendo abismo abriuse súbitamente ante eles. Ana gritou histéricamente mentres agarraba
con forza a barra de retención. A aceleración esmagounos contra os asentos, e os seus estómagos voaron cara ás nubes mentres o vehículo caía pola baixada final.

Ao termo do descenso, Ana e David baixaron tambaleantes, axudados por un empregado.

-Meu Deus! -dixo ela-. Xamais pasara tanto medo!

-Si -admitiu el-. Isto si que son montañas rusas, e non as do século vinte!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.