6 de agosto de 2017

Fragmento de Criminal

Texto de Xurxo Borrazás Fariña, nado en Carballo o 6 de agosto do 1963, escritor galego.

—¿Estás ben?
—... ¿Que?
—¿Estás ben? —repite Chucho—. Déchesme un bo susto, aí deitada tanto tempo.
Lola recupérase do seu desmaio, aínda mareada e sen decatarse moi ben de onde se encontra. Frega a man pola cara e aparta o cabelo de diante dos ollos.
 —... ¿Que se estou ben? —pregúntalle. Apálpase logo cun dedo no sexo e nota os restos de seme. Colle un pano da man e tenta limparse—. Ti eras o que sabía, ¿non é?; e o que me quería tanto e todo iso —engade chorando e nerviosa. Ponse de pé e segue a limparse, mirando o pano a cada pouco.
—Escapoume un chisco —quere xustificarse Chucho—, pero seguro que non pasa nada.
—Claro.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.