11 de agosto de 2017

Fragmento de O misterio dos fillos de Lúa

Texto de Fina Casalderrey Fraga, nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, escritora galega.

—¡Ola, Davi! ¿Preparámoslla agora?
—Claro. Estábate agardando. Acórdate de que é un segredo, e non nos pode ver ninguén.
—Nin sequera llelo podemos dicir ós nosos pais.
—Iso.
—¿Xa pensaches nalgún sitio? 
—Si, na mesa de noite que está a carón do conxelador.
—¿Ten porta?
—Claro. Pero se lla pechamos..., ¡non respira! 
—Pois temos que levala ó sitio para que se afaga e aprenda. Anque se nos ve túa nai, xa non hai segredo.
—Pois levámola cando non mire ninguén.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.