27 de xaneiro de 2018

Miradoiro do Ézaro

Desde o miradoiro do Ézaro temos unha vista panorámica da desembocadura en fervenza do río Xallas, o cabo Fisterra, as illas Lobeiras, o monte Pindo e o encoro de Santa Uxía.

Moi preto do miradoiro atópase o punto de inicio da ruta de sendeirismo cara á cima do Monte Pindo.

O mais salientable é a panorámica sobre o estuario e o tramo final do río Ézaro e a localidade do mesmo nome.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.