19 de febreiro de 2018

Teatro Pardo Bazán

O teatro circo Emilia Pardo Bazán quizá foi o máis importante do seu xénero en Galicia e foi inaugurado en 1903.

Realmente o primeiro nome que se pensou foi do de Concepción Arenal, pero a familia da homenaxeada exeitou esta posibilidade e así lle deron o nome da escritora coruñesa.

Estaba situado no solar que hoxe ocupa a Autoridade Portuaria. Situábase así preto do Peirao de Ferro, un dos sitios de paseo dos coruñeses. Foi un adiantado sobre outros edificios de ocio como A Terraza, do 1905, o Quiosco Alfonso no 1912, o Pavillón de Liño Pérez en 1913 ou o mesmo Atlántico Hotel, en 1925.

Pero un dos seus grandes problemas era a veciñanza do Teatro Principal, chamado dende 1909 Rosalía de Castro. Así a súa viabilidade estivo sempre en mínimos e xa en 1912 pensaron en instalar alí a Escola de Comercio. Mais en 1915 o Concello aprobou a súa demolición.

Deste xeito remataba a curta historia deste edificio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.