2 de abril de 2018

Castelo de San Diego

Castelo de San Diego

A construción do edificio debeuse á necesidade de establecer unha rede de puntos defensivos na ría coruñesa que evitasen ataques como o realizado polos ingleses en 1589.

No ano 1639 unha frota francoholandesa tentou destruír á española que estaba fondeada na baía. Os disparos efectuados desde Santa Cruz e ao parecer a cadea que se tendeu entre San Antón e San Diego impediron que os atacantes lograsen o seu obxectivo.

No 1923 xa fixeron un primeiro recheo na zona de San Diego co fin de ampliar as instalacións portuarias.

A instalación da refinaría supuxo a desaparición do castelo de San Diego, xa que o peirao petroleiro modificou o litoral neste lugar. En 1963 demoleuse a vella fortificación, que na actualidade é lembrada pola rúa que leva o seu nome na zona da Cubela, non moi lonxe do lugar onde se situou o castelo. Resultaría inimaxinable noutros países, con maior respecto á historia, que me permitiran o derribo dun castelo do século XVII.

Xa no 1886 o Goberno fixera público o seu desexo de conservar o castelo, mentres a Deputación e o Concello de Oza querían eliminalo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.